FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
MESAS DE TRABALLO
A Federacion celebrou durante os meses de Xaneiro e Febreiro unhas mesas de traballo nas tres zonas da provincia de Lugo: zona norte, zona centro e zona sur.
Destas reunions sairon unhas serie de problemas que existen nos centros da provincia de Lugo. Estas conclusions entregaronse a CONFAPA para poñelas en común coa problemática existente en toda Galicia e preparar un documento para entregar o CONSELLEIRO.
As conclusions que se chegaron na provincia foron:
TRANSPORTE:
- Conflicto existente coas direccions dos centros o non haber ningún responsable que se faga cargo dos nenos entre a chegada do autobús e a entrada nas aulas. Nalgun caso este tempo de espera pode superalos 15 minutos.
- Coidadoras que non axudan o nenos a subir e baixar do autobús ou que van sentadas no asiento dianteiro a falar co conductor sen saber o que ocorre no autobús
- Os nenos pequenos dice o director que os trasladen os grandes
COMEDORES
- Privatizacion. Existe unha alta preocupación por parte dos pais ante a política que esta a levar a Xunta de privatizar o servicio de comedor a través de empresa de catering, asi como o mal servicio que, nalguns casos, estas empresas prestan
- Xestion APAS. Falta de axudas e pagos moi atrasados as APAS que xestionan directamente os comedores. Reivindicase que todolos comedores deberían ser xestionados directamente pola Xunta para asi poder levar a cabo a política que
- tanto “venden”, de conciliación laboral e familiar.
HORARIOS COLEXIOS
- Moi criticado o horario que impuxo a Xunta nos meses de Xuño e Setembro polo transtorno que causa na vida familiar. Deberiase manter o mesmo horario durante todo o curso.
- Criticase o estar condicionado nos horarios dos colexios o transporte escolar, parece que somos “escravos” dos transportistas poisa inda que toda a comunidade educativa estea a favor dun horario este non e posible se non da o visto bueno o transporte.
FALTA PT E AL
- A creciente chegada de inmigrantes os colexios trae moitos problemas de integración nos centros pois a maioria deles carecen de persoal especializado (AL. PT) para dar apoio a estes alumnos con necesidades moi especificas
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
- As direccions dos colexios poñen trabas as APAS para a utilización dos centros para realizar estas actividades, cando seria algo que non e traballo das APAS.
COLEXIOS CONCERTADOS
- Criticase a tendencia da Xunta a dar maiores servicios os colexios concertados en decrimento dos públicos. Ponse como exemplo o reparto do proxecto Abalar
SEGURO DE R.C.
- No CANTEL pagan seguro de RC a proposta do director 20€