FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
Tecendo Redes
Tecer; enlazar unha serie de fíos paralelos.
Este verbo que coas súas cinco letras di todo o que dende FAPACEL pretendemos transmitir ás familias das ANPAS que confían no noso traballo. Tecendo redes pretende poñer en valor todo o traballo que ás ANPAS fan por apoiarse entre sí, por compartir e experiencias.
A FAPACEL neste espazo irá recollendo aqueles traballos que facemos entre todos e todas por apoiar e denunciar situación coas que como familias non estamos da cordo. Escritos, imaxes, reclamacións, saídas en prensa, campañas de sensibilización…
Ó mesmo tempo creamos un espazo para dar visibilidade a aquelas accións que realizan as ANPAS, que as veces sendo ideais xeniais quedan practicamente no anonimato. Visibilizar e compartir co fin de crear un bando de ideas que poidamos aproveitar todos/as os que loitamos por unha escola pública de calidade.
Animádevos a enviar as vosas experiencias, traballos e colaboracións con outras entidades ( asociacións, federación, fundacións) co fin de que sirvan de camiño para outras ANPAS. Todas e todos temos moito que aprender e moito que ensinar