Actualidade

DIA INTERNACIONAL DA MULLER 8M

8 de marzo – Día Internacional das Mulleres

Cada 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional das Mulleres, unha data para recoñecer os avances acadados na loita pola igualdade, pero tamén para lembrar que aínda queda camiño por percorrer para construír unha sociedade verdadeiramente xusta e igualitaria.

Nota de prensa en apoio á Anpa Ceip Pl. A Gandara de Monforte le Lemos

A Fapacel ven de enviar unha nota de prensa para mostrar apoio á anpa A Gandara , na súa situación de indefensión ante a total falta de profesionais especialistas en apoio educativo que levan sufrindo, máis acusadamente, durante este curso o alumnado do Ceip Pl. A Gándara de Monforte de Lemos.

Dende a Federación agardamos que os dereitos de todos os nenos e nenas sexan respetados segundo a normativa vixente establece.

Anexamos nota de prensa

Prazo de admisión para alumnado de centros públicos

Desde hoxe e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares sostidos con fondos públicos para o próximo curso 2024/25 para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Nota de Prensa coa situación dos centros de ensino da cidade de Lugo pola folga de limpeza

A Fapacel vén de enviar unha nota de prensa coa problemática que están a sufrir os centros de ensino públicos da ceidade de Lugo. Esperamos que axude a que, quen teña a pelota no seu tellado,  solucione, coa maior brevidade posible, as situacións insalubres que están a vivir os nenos e nenas.

As imaxes, tamén compartidas coa nota de prensa, están recollidas pola Anpa do Illa Verde. E nelas podemos apreciar a realidade diaria do alumnado.

O texto enviado é o seguinte:

Problemas derivados da folga de limpeza dos centros de Lugo

A FAPACEL ven de pedir unha xuntanza coa alcaldesa de Lugo e outra coa Xefa Territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en Lugo para falar do estado dos colexios, e dos problemas derivados dese estado, por mor da folga de traballadoras da empresa encargada da limpeza dos colexios públicos da cidade de Lugo .

Saúde Bucodental a través da Bioloxía

Trátase dun curso-obradoiro onde descubriremos o mundo da Microbioloxía esde un punto de vista didáctico e práctico. O fin é concienciar aos máis novos que a prevención é a mellor ferramenta ao noso dispor para non enfermar. Para iso adentrarémonos no apaixonante mundo das bacterias. Falaremos de como forman parte de nós e como son fundamentais para a nosa supervivencia. Daquelas que nos axudan a medrar e incluso a sermáis felices e das que nos fan dano e nos causan doenzas

Os centros Públicos de lugo necesitan unha solución urxente para os problemas inherententes á folga de limpeza

As Anpas de Centros Públicos de Lugo e a Fapacel instamos ó Concello e á Delegacion Provincial Conselleria de Educacion e Ordenacion Universitaria, Lugo a interceder pola resolución deste conflto que afecta directamente ao alumnado.

Obradoiros de Sensibilización en Materia de Discapacidade

 

En colaboración con COGAMI e o CEFORE, Fapacel está a levar a cabo unha actividade onde a inclusión é o eixe fundamental. Neste caso a Discapacidade é o tema a tratar, a través do xogo e da empatía.

Trátase dun obradoiro totalmente práctico e activo. Levarase a cabo a través de diferentes xogos e talleres cuxo obxectivo final é promover o traballo en equipo , así como tamén a reflexión grupal dasactividades propostas. Estas conclusións estarán condicionads polas diferentes perspectivas de cada un dos integrantes.

Charla sobre o Bo Trato no CEIP A Anexa

O vindeiro día 30 de outubro terá lugar no CEIP A Anexa a charla sobre o Bo Trato.

Nesta actividade falarase da importancia de coidar de nós mesmos; xa que é o inicio de cómo debemos de tratar ós demais. Especialmente ós nenos e nenas xa que serán os homes e mulleres de mañá.

O coidado exquisito de cada unha das persoas que nos rodean é unha obriga para todos nós, así coma un dereito absoluto que todos e todas merecemos.

Páxinas