REXEITAMOS, OUTRA VEZ E SEMPRE, O PECHE DO COLEXIO DE BAAMONDE
Dende ANPAS GALEGAS recibimos a noticia do peche do colexio de Baamonde cunha absoluta incredulidade e rexeitamento. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai pechar un centro que ten un alumnado de 30 nenos e nenas, e vai condenar a unha zona rural á súa desaparición por unha razón falsa do alcalde do
lugar, e por un interese exclusivamente orzamentario da administración autonómica. Por si non o tíñamos totalmente claro, agora xa o temos, nin o ensino público nin o rural galego son temas que o Goberno da Xunta teña a menor intención de respectar.