RESUMO ORDE OBXETIVIDADE VALORACION ALUMNADO

RESUME DA ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á
obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación
das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do
título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria,
educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
Esta orde regula o procedemento de reclamación das cualificacións , promoción e titulación co fin de
establecer as garantías para unha avaliación do alumnado conforme criterios obxetivos.
• Os centros deberán facer públicos os procedementos e os criterios xerais de avaliación ,
promoción e titulación.
• O alumnado ou a persoa que a represente legalmente poderá solicitar as aclaracións que
precise acerca das valoracións sobre o seu aprendizaxe e cualificacións. En todo caso, a
reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.
• De persistir o desacordo , o alumno ou tutor legal poderán solicitar por escrito a revisión da
devandita cualificación ou decisión, no prazo de dous días lectivos, ou de ser o caso hábiles,
contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación.
• Cando a solicitude de revisión teña por obxecto a revisión dunha cualificación final,
no primeiro día lectivo seguinte, ou se for o caso, hábil, a aquel en que finalice o período de
solicitude de revisión, cada equipo docente ou departamento didáctico, segundo
proceda,analizará as solicitudes de revisión recibidas e elaborará os correspondentes
informes
• O equipo docente trasladará o informe á xefatura de estudos quen comunicará por escrito
como máximo no día lectivo seguinte ao alumnado ou tutor legal a decisión de ratificación ou
modificación da cualificación e se lle entregará unha copia do escrito cursado co xustificante
de recepción .
• No caso da revisión de promoción ou titulación considerarase a pertinencia de convocar unha
reunión extraordinaria á vista do informe elaborado polo equipo docente no prazo máximo de
dous días lectivos, ou se for o caso hábiles, desde a finalización do período de solicitude de
revisión.

A dirección do centro comunicará por escrito ao alumno ou alumna e ás súas persoas
proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal a ratificación ou modificación
razoada da decisión de promoción ou titulación, o que porá fin ao procedemento de revisión.
As persoas interesadas no procedemento terán dereito a acceder e a obter copia
dosdocumentos contidos no expediente, que se lle remitirán en formato dixital.
• No caso de persistir o desacordo pódese reclamar á Xefatura Territorial por escrito á través
da dirección do centro docente. e, no prazo de dous días hábiles a partir do día seguinte á
comunicación sobre a decisión adoptada.
• A dirección do centro , no prazo non superior a tres días hábiles, remitirá o expediente á
xefatura territorial.
• No prazo de quince días hábiles a partir da recepción do expediente, considerando a
proposta incluída no informe que elabore o Servizo de Inspección Educativa, a xefatura
territorial adoptará a resolución pertinente, que será motivada en todo caso, e que se
comunicará inmediatamente á dirección do centro para a súa aplicación e traslado á persoa
interesada e que será consignada nos correspondentes documentos oficiais de avaliación.
A resolución da xefatura territorial poñerá fin á vía administrativa.
.