CAMPAÑA DE APOIO O COLE DE BAAMONDE

Dende a Federación  de Anpas de Lugo, FAPACEL como unha campaña común coa Confedración a que pertencemos, ANPAS GALEGAS iniciamos unha campaña de apoio nas redes á Anpa de Baamonde  que loita contra o peche do seu colexio.

Denunciamos unha vez máis esta política de desmantelamento do rural  e, sobre todo,  o abandono e a impotencia  que sinten as familias ante a evidencia de que o  último no que se pensa é no benestar das cativas e cativos .

Queremos  facer visible aínda máis  a barbaridade que supón a desaparición dun colexio  no rural e a arbitrariedade coa que se toman certas decisións que, realmente, non se poden tomar a lixeira e moito menos con escusas absurdas. Son demasiado importantes para xogar con eles.

 A campaña consiste na publicación nas redes dun cartaz de apoio á Anpa de Baamonde cun lazo negro  e publicado cos #nonaopechedocoledeBaamonde , #nonaodesmantelamentorural,#docoledeBaamondenonnosmoverán, #fapacel, #anpasgalegasomosrural.