FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
RECLAMACION VACINACION COLABORADORAS COMEDORES ESCOLARES
Isabel Calvete Carrera, presidenta da FAPACEL, con CIF G27019140 , con enderezo Avda
Coruña Nº500, 27003 Lugo e correo electrónico fapacel@gmail.com
EXPOÑO:
Que nos comedores escolares dos colexios galegos traballa un numeroso colectivo de
atención ao alumnado de infantil, primaria e secundaria, ben como colaboradores voluntarios
no caso dos comedores xestionados pola xunta de Galicia, ou ben como persoal contratado
nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar.
Este persoal pode ser considerado incluído dentro do grupo 6 B) como “outros profesionais
que atenden ao alumnado”, con máis risco por certo do que ten o profesorado, xa que
realizan o seu traballo nun espazo pechado, sen manter a distancia de seguridade e no
momento da comida, un momento no que o alumnado non está a facer uso da máscara de
protección. E moi por diante do grupo 6 C) a quen, no caso das persoas menores de 55
anos, se vacinou recentemente. Resulta máis que sorprendente que a valoración dos colectivos
que deben vacinarse estea a realizarse en función da relación laboral que manteñen
coas institucións académicas de ensino de 3 a 16 anos, e non en función do efectivo
risco de contacto directo que sofren estas persoas no seu traballo cotián.
SOLICITAMOS:
Que se vacine coa máxima urxencia a todo o persoal de atención directa ao alumnado
nos comedores escolares galegos.