CREAMOS UN CONTO?

 A FAPACEL ,co gaio do “Día das Letras Galegas” que este ano está adicado a Xela Arias, propón unha actividade de divulgación lingüistica e cultural sobre a nosa lingua aos membros das anpas (nais e pais) `para celebrar esta data  tan representativa. É outro xeito de  enaltecer o noso.
Entre todas imos crear un conto.
 As bases son moi faciliñas:
Participareis nais e pais das anpas asociadas
Teredes que inscribirvos para participar no correo da federación, fapacel@gmail.com até o 25 de abril
Dámosvos a primeira frase e iremosvos asignando a cada participante o texto que terá que continuar co requisito de empregar unhas palabras determinadas  e darémosvos 2 días para escribir a vosa parte.
Cada aportación deberá ter entre 100 e 150 palabras
Unha vez teñamos o conto rematado, pedirémosvos que gravedes un vídeo lendo a vosa parte nun lugar especial da vosa contorna
Este conto publicarémolo nas nosas redes sociais o Día das Letras Galegas