FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
Apertura de Plazo para solicitude Becas MEC 2026/2027
xa se atopa aberto o prazo para a presentación de solicitudes das becas para estudos postobrigatorios correspondentes ao curso 2026‑2027, dirixidas ao alumnado de bacharelato, formación profesional, ensinanzas artísticas, deportivas, de idiomas e estudos universitarios.
Prazo de presentación:
- Inicio: 7 de abril de 2026, ás 08:00 h
- Fin: 18 de maio de 2026, ás 15:00 h
Presentación de solicitudes:
As solicitudes deberán realizarse telematicamente a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes:
https://sede.educacion.gob.es
É posible presentar a solicitude sen contar coas notas definitivas ou co centro/estudo previsto, podendo modificar os datos posteriormente.
Requisitos:
Estas becas forman parte da convocatoria xeral de Becas MEC 2026‑27 e esixen o cumprimento dos requisitos económicos e académicos establecidos.