FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
APOIAMOS O LEMA "EN DEFENSA DO ENSINO PUBLICO. NON ÓS RECORTES"
Ante a situación que travesa o Ensino Público en Galicia e a repercusión que ten na educación dos nosos fillos, FAPACEL vai apoiar as concentracions que se van celebrar mañá MARTES 18 ás 20 HORAS EN LUGO (diante edificio Multiusos Xunta) e FOZ (Pza. Galicia) baixo o lema "DEFENSA DO ENSINO PUBLICO. NON ÓS RECORTES". Porque o ensino e unha inversión, NON un gasto.
PAIS/NAIS e mestres DEBEMOS TRABALLAR EN CONXUNTO e as nosas reinvidicacions deben ir dirixidas hacia a Administración, e nunca en prexuizo dos nosos fillos.
FAPACEL anima a todas as APAs a que se mobilicen pois é o momento de unirnos para de dicirlle á sociedade e á Administración que estamos moi preocupados polo que está a pasar co ensino. Debemos loitar por un ensino público e de calidade e polo futuro dos nosos fillos.
Aínda que FAPACEL forma parte da Confederación de Federacións de APAs de Centros de Ensino Públicos de Galicia (Confapa), queremos manifestar O NOSO DESACORDO coas declaracións feitas aos medios polo seu actual presidente, o Sr. Virgilio Gantes dicindo que "As APAs non están notando os recortes en educación".
Despois da reunión mantida co Conselleiro o sábado en A Coruña a nosa sensación é que a opinión maioritaria das numerosas APAs que estiveron presentes é precisamente a contraria: deixástedes ben claro que durante este curso os alumnos NON están recibindo a atención que precisan, que os centros NON teñen os recursos que necesitan, e que moitos NON están recibindo os cartos para poder cubrir os gastos básicos de material, mantemento e funcionamento.