XI CONCURSO DE EXPERIENCIAS EDUCATIVAS - CEAPA

O primeiro fin  de semana de novembro celebrouse no Hotel Chamartin de Madrid o acto de entrega dos premios do XI Concurso de  Experiencias Educativas impulsadas polas ANPAS que tódolos anos celebra CEAPA. Este concurso ten como obxectivo promover o intercambio de experiencias entre ANPAse  así como dar a coñecer os proxectos que estas impulsan nos centros de forma voluntaria e desinteresada.

Este ano levou un premio “Mención Especial” a ANPA CEIP MONTERROSO cun traballo titulado “Inquietudes de un grupo de madres/padres”. Partindo dunha situación difícil, dun colexio novo, dunha ANPA nova, un grupo de nais e pais sacaron adiante un montón de proxectos onde intentan reflectir os valores da escola publica motivando a participación de alumnos e familias.

A pesar de ser o primeiro ano e salvando moitos atrancos lograron organizar: blog, Samaín, curso de inglés, festa da castaña, festa de Nadal, festa de Entroido (con visita a S. Paio de Narla), talleres de monicreques e fabricación de papel, visita a Casa do Mel, excursión a Vigo e visita a Casa do Queixo, festa de fin de curso.

Dende a FAPACEL dámoslles a ENHORABOA polo premio e esperamos que continuen co bo traballo. Esperamos tamén que o premio sirva para todas as demais ANPAS como un aliciente para seguir a esforzarse no seu traballo diario.