PLATAFORMAS EN DEFENSA DO ENSINO

 

A FAPACEL toma a decisión de participar nas dúas Plataformas do Ensino que se formaron en Galicia.

Na Plataforma Estatal formamos parte, pois como sabedes pertencemos a CONFAPA  e a CEAPA e como CONFAPA é unha das promotoras da Plataforma estatal a nivel galego xa estamos nela.

A decisión de formar parte, como FAPACEL, na Plataforma galega foi polo seguinte:
 
Dende a FAPACEL  non entendemos que se poida estar dividido, nin decantarse para un lado ou para outro, cando se trata de DEFENDER O ENSINO PUBLICO. Intentamos que esta división a nivel Galicia non se producira pero non foi posible . Pois ala cada un polo seu lado, como si mobilizarnos as nais e os pais fora fácil agora temos que ELIXIR con quen nos manifestamos. 

Esta  Federacion non entende esta división e como o único que lle preocupa e a EDUCACION PUBLICA decidiu estar nas dúas Plataformas é LOITAR  desde todos os frentes POR UNHA EDUCACION PÚBLICA E DE CALIDADE

        
A Xunta Directiva