FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
O PROGRAMA "ESCOLA DE PAIS e NAIS" REMATA ESTE SÁBADO NA DEPUTACIÓN
Este sábado 2 de xuño no salón de actos da Deputación vanse desenvolver un conxunto de actividades que servirán para poñer o punto final a este programa: en concreto, das 11 á 1 vanse desenvolver dous obradoiros simultáneos: “Necesidades e retos na adolescencia, a cargo de Carmen Loureiro, psicóloga e Profesora de Lingua e Educación para a Cidadanía no IES da Illa de Arousa, e “Os nenos e nenas no tempo. Os seus tempos”, a cargo de Antonio Pinto Antón, Licenciado en Historia, mestre e pedagogo de Preescolar na Casa. Xa de 4 a 6 da tarde terá lugar a conferencia “A comunicación coas nosas crianzas: cuestión de calidade”, a cargo de Bibiana Caamaño, membro da Asociación Chísem. E xa para rematar, plantexouse unha actividade de carácter lúdico como será a que ofrezan os humoristas de “Dous pallasos en apuros”, de Os sete magníficos máis un.
HABERÁ SERVIZO DE GARDERÍA