FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
CARTA ABERTA ÁS NAIS E PAIS
Apreciadas compañeiras/os:
Este curso xa rematou no que respeta ao alumnado, os nosos fillos e fillas. Foi un curso moi problemático, as medidas impostas pola Xunta e polo Goberno Central foron e son demoledoras para o futuro dos nosos fillos e fillas. Estan atacando brutalmente a Escola Pública, estana atacando uns políticos que buscan a súa desaparición, con elo e cos ataques ao resto dos piares básicos do Estado de Benestar, buscan que acidadania sexamos “clientes” e que os nosos dereitos se convirtan en “servicios de mercado” aos que só se poderá optar segundo o nivel económico de cada un.
Dende esta Federación traballamos moito e seguiremos a facelo, para denunciar estes atropelos, defender os nosos dereitos como cidadáns e evitar o desmantelamento da Escola Pública. Non é fácil pero estamos seguros de que seguiredes a apoiar estas reivindicacións. Estivemos en concentracións, asembleas, peches, marchas…….. e seguirémolo a facer convencidos de que temos que defender algo básico: ESCOLA PUBLICA.
Somos conscientes de que o camiño que nos queda é moi longo, de que enfrente nos atopamos con “persoas” insensibles a unha realidade, que non dubidarán en seguir a sacar medidas para machacar mais a unha Comunidade Educativa que xa esta moi ferida. Por todo esto sentimonos agredidos e debemos seguir a pelexar todos xuntos como unha verdadeira COMUNIDADE EDUCATIVA.
Estaremos atentos durante todo o verán a novas medidas, xa sabedes que é a época que mais lles gusta para sacar ordes e instruccións, cando a Comunidade Educativa estea de vacacións. Que saibades que esta Federación non pecha por vacacións e que estaremos aí para cando empeze o curso poder informarvos de todo e seguir a loita, so esperamos que VÓS TAMÉN ESTEADES AÍ, dádevos conta que sodes os primeiros e primeiras interesadas en loitar contra estes RECORTES, esto aféctavos directamente.
QUE PASEDES UN BO VERÁN.
POR UNHA ESCOLA PUBLICA E DE CALIDADE