VOLVE A "ESCOLA DE NAIS E PAIS"

Como en anos anteriores, esta Federación, FAPACEL, xunto coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega, AS.PG , colaboran coa Área de Cultura da Deputación de Lugo, para retomar o programa da Escola de Pais e Nais "Aprender para Educar".

Nesta ocasión imos falar do "Anteproxecto da Lei educativa (LOMCE)".
Xesús Fortes Gómez, profesor de intervención Sociocomunitaria no CIFP Portovello de Ourense, levaranos a reflexionar, tratando dar resposta as dúbidas que poidades ter.

ESPERAMOSVOS

13 de novembro en FOZ, ás 19:30h no CENIMA

22 de novembro en LUGO, ás 19:00h no Museo Provincial

27 de novembro en MONFORTE, ás 19:30h no Edificio Multiusos

Haberá servizo de gardaría