FAPACEL APOIA A CONVOCATORIA DE FOLGA XERAL DO 14 DE NOVEMBRO

O vindeiro mércores dia 14 de novembro está convocada unha xornada de folga xeral polo conxunto das organizacións sindicais, para dar unha resposta masiva a política de recortes e tamén demandar que se realicen políticas que reactiven a economía e non que cada vez a fundan máis.

A FAPACEL comparte os obxectivos desta folga, xa que o mundo da educación coñece e sufre de primeira man, toda esta política de recortes e desmantelamento que se esta a levar a cabo  na escola pública.

Ademais de todo o que ata agora se leva recortado, temos encima unha nova lei (LOMCE) que ataca directamente, aínda máis,  ao ensino publico e favorece claramente ao concertado-privado; ataca aos máis desfavorecidos, e atenta contra dereitos fundamentais.

Por todo isto a FAPACEL esta convencida de que estes ataques teñen que cesar e unha das formas máis contundentes  que temos de mostrar a nosa protesta, neste sistema democrático, do que ata agora gozamos, e a FOLGA.

Así, dende a FAPACEL, pedimos que vos mobilicedes e digamos todas e todos xuntos: QUEREMOS FUTURO