FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
A FAPACEL CONTRA A TRANFORMACIÓN DE IES EN CENTROS INTEGRADOS
A FAPACEL rexeita a decisión tomada pola Consellería de Educación, de forma unilateral, de transformar o IES das Mercedes nun Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP). Neste cambio non se tivo en conta á comunidade educativa. Non se ten en conta o dereito das nais/pais a escoller un centro para os seus fillos, pois os 200 alumnos de Eso e Bac que estudan nas Mercedes aínda non saben onde van estudar o vindeiro curso. E non so está este alumnado senon tamen o alumnado dos centros adscritos a este centro (CEIP Mercedes, Corgo….) que tampouco saben a onde van ir para seguir os seus estudos. O que está claro é que se van ter que desprazar moito mais. Moito nos tememos que este so é a primeira das noticias que a Consellería nos vai dar neste tema, pois seguramente o resto da provincia, naquelas ciudades onde haxa mais de un IES, vaia pasar o mesmo (Monforte, Vilalba……).
Estes cambios vannos levar a unha masificación no resto de IES das ciudades, a un aumento considerable nas ratios destes centros con todas as complicacións que esto trae consigo non so para o profesorado senon tamen para o alumnado.
Despois do cambio no curso pasado do Politécnico en CIFP e da pretensión de facer o mesmo co IES As Mercedes no vindeiro curso, deixando á zona de Acea de Olga e Augas Ferreas (cunha poboación en idade escolar en crecemento) sen Instituto , e masificando institutos limítrofes, esta Federación esixe que o IES As Mercedes non se “reconvirta” en CIFP e que se revise o mapa escolar da cidade, pois a día de hoxe esta totalmente desfasado.