XORNADA SOBRE COMEDORES ESCOLARES. SÁBADO 19 de OUTUBRO

Ante a gran problematica que este goberno ven de crear co decreto de comedores, esta Federación convoca a todas as ANPAS da provincia a unha xornada para debater e chegar a accions conxuntas sobre as dificultades que as nais/pais estamos a ter para deixar as nosas fillas e fillos nos comedores escolares, a dificultade de conciliación laboral e familiar que esto supon e que a Consellería lle da igual. Non nos dan mais opción que pagar ou pagar.

Con esta convocatoria estamos a chamar a TODAS as ANPAS da provincia sexa quen sexa o que rexente o comedor escolar (Xunta, concellos ou anpas) pois con todalas xestions se estan dando casos de familias que non poden facer frontes os gastos que supon que as nenas e nenos coman no comedor escolar.