FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
24 de OUTUBRO FOLGA NO ENSINO GALEGO CONTRA A LOMCE
O próximo xoves 24 de outubro TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, esta chamada a participar na FOLGA contra a LOMCE no ensino público galego.
Dende a FAPACEL facemos un chamamento para que participes non enviando os rapaces e rapazas aos centros de ensino e acudindo ás mobilizacións convocadas para ese día as 11.30 en:
Lugo na Horta do Seminario
Burela na Praza da Mariña
Monforte na Praza de España
Esta folga chega despois da convocada polo mesmo motivo o pasado 9 de maio e logo dunha intensa campaña de mobilizacións promovidas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público coa que se deixou constancia do rotundo rexeitamento da sociedade galega a esta contrareforma educativa.
Na nosa man está que esta folga volva ser un éxito para paralizar unha lei nociva para o ensino público e para o dereito á educación.
Achegamos ligazón ao Manifesto da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.