MÚSICA E LETRAS CONTRA A LOMCE. MÉRCORES 13 DE NOVEMBRO ás 20:00h

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da cal a FAPACEL forma  parte, organiza este mércores 13 de novembro nas cidades galegas os recitais “Música e letras contra a LOMCE”, onde se lle dará voz á cultura galega para por de manifesto unha vez máis o rexeitamento de toda a sociedade contra esta lei. 

En Lugo terá lugar no Salón de Actos da Casa Sindical (Ronda da Muralla, 58) ás 20:00h

Non imos quedarnos só en manifestacións puntuais, senón que as reivindicacións serán continuadas ate conseguirmos que a LOMCE sexa eliminada.

Por iso, animamosvos a participar dos actos simbólicos nos que, desta volta o mundo da cultura, será o que leve a voz contra esta inxusta lei.