II CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL da FAPACEL

Dende a FAPACEL queremos darvos as grazas a todas e todos por participar nesta segunda edición do concurso de postais.

Recordade que todos os nenos e nenas tedes un detalliño por participar e que poderedes recollelo nas seguintes datas:

- Os participantes da zona da Mariña poderedes recollelo o vindeiro sábado día 14 no Cenima de Foz as 12.30horas coincidindo co remate do curso de XESTION DE ANPAS que esta Federación vai celebrar ahi.

- O resto de participantes poderedes recollelo o vindeiro sábado día 21 no Museo Provincial as 13 horas coincidindo tamén co curso de XESTION DE ANPAS e tamén coa entrega de premios dos gañadores.

En caso de que non poidades asistir a recollelos avisádenos e trataremos de entregárvolos a través da vosa ANPA.

Un saúdo