ANPAS GALEGAS. UN GRAN PASO ADIANTE NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO GALEGO.

O martes 10 de decembro ás 11h, en Santiago de Compostela, presentouse en rolda de prensa a Confederación de Anpas Galegas, da que FAPACEL formamos parte.

"A Confederación é o resultado de varios anos de traballo en común, de experiencias compartidas, e xorde trala procura dunha igualdade de criterio naqueles aspectos de maior transcendencia, de xeito que puidésemos formar unha voz común que defenda o ensino público, unha voz aguantada nunha ampla base social.

Polo tanto isto é a fin dunha etapa de traballo, a que propiciou a nosa existencia; e o comezo doutra: a da nosa andaina como realidade diferenzada de cada unha de nós.

En resumen, estamos na rúa, e non temos ningunha intención de marchar para casa."