FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
"ESCOLA DE HABILIDADES SOCIAIS"
A FAPACEL pon en marcha o convenio asinado coa Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo "COA EDUCACIÓN POR DIANTE",Este mes de novembro presentaremos a guía Escola de Habilidades Socias con charlas dirixidas a familias connenos e nenas de 4 a 12 anos. Nesta guía atoparanse orientacións para favorecer a adquisición de habilidades básicas de relación social.
Está dividida en diferentes partes, na primeira dáse unha explicación do que son as habilidades sociais e a importancia que ten a súa adquisición. Na segunda parte explícanse os diferentes estilos de interacción social, amosando as características de cada un deles mediante unha situación práctica. A continuación, aprenderanse unha serie de pautas educativas para a resolución de conflitos. E para finalizar, destacaremos diferentes mitos sobre as interaccións sociais para reflexionar entre todas e todos.
Para facilitar a asistencia das familias ás charlas as nenas e nenos terán un Obradoiro sobre o Conto Popular. No mes de decembro, unha vez realizadas todas as charlas,enviaranse guías as anpas asociadas para repartir ás familias socias que as soliciten.