FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
ESCOLA DE HABILIDADES SOCIAIS. LUGO
Onte tivo lugar no Museo Provincial de Lugo a primeira das charlas da Escola de Habilidades Sociais para nais e pais que organiza a FAPACEL dentro do programa COA EDUCACIÓN POR DIANTE fruto do convenio asinado coa Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo.
A charla foi presentada por Xosé Ferreiro deputado provincial de Cultura, patrimonio histórico, normalización lingüística e artesanía e deseño da Deputación de Lugo e correu a cargo de: Lucía Fernández e Carmen Moreno (psicopedagogas do Centro Psicopedagóxico CREA) autoras da guía xunto con Zeltia Méndez tamén psicopedagoga de CREA
As nenas e nenos asistentes tiveron un Obradoiro sobre o Conto Popular a cargo de Elena Centelles e Mar Centelles.
As charlas terán continuidade ao longo do mes de novembro o día 14 na Casa da Cultura de Becerreá, o día 21 no Cenima en Foz e o día 28 no Telecentro de Chantada. Todas elas terán Lugar ás 11h.
No mes de decembro, unha vez realizadas todas as charlas, enviaranse guías as anpas asociadas para repartir entre as familias socias que as soliciten.