ESCOLA DE HABILIDADES SOCIAIS: BECERREÁ

Hoxe tivo lugar na Casa da Cultura de Becerrea a segunda das charlas da escola de pais e nais sobre Habilidades Sociais que FAPACEL puxo en marcha o pasado sábado 7 de novembro en Lugo e que terá continuidade o próximo sábado 21 no CENIMA de Foz e rematarán o 28 de novembro no TELECENTRO de Chantada. As ponentes foron Lucía Fernández e Zeltia Méndez (psicopedagogas do Centro Psicopedagóxico CREA) autoras da guía xunto con Carmen Moreno tamén psicopedagoga de CREA. Aínda que a asistencia non foi moi numerosa si que foi moi participativa e seguida con gran interese polas persoas asistentes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As nenas e nenos asistentes tiveron un Obradoiro sobre o Conto Popular a cargo de Elena Centelles eMar Centelles.