ESCOLA DE HABILIDADES SOCIAIS: FOZ

Onte tivo lugar no CENIMA de Foz a terceira das charlas da “Escola de pais e nais sobre Habilidades Sociais” que FAPACEL puxo en marcha o pasado sábado 7 de novembro en Lugo e que terá continuidade o próximo sábado 28 no TELECENTRO de Chantada. Nesta ocasión as poñentes foron Lucía Fernández e Carmen Moreno (psicopedagogas do Centro Psicopedagóxico CREA) autoras, xunto con Zeltia Méndez tamén psicopedagoga de CREA, da guía que se repartirá en decembro a todas as familias asociadas que a soliciten.

 

 

 

A charla como as dúas anteriores foi moi participativa e seguida con gran interese polas persoas asistentes. Lembrade que a do próximo sábado 28 en Chantada será a última das catro programadas polo momento.

 

 

 

 

 

 

As nenas e nenos asistentes tiveron, como nas anteriores, un Obradoiro sobre o Conto Popular a cargo de Elena e Mar Centelles.