FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
IV CONCURSO POSTAIS DE NADAL
BASES
Poderán participar todas as nenas e nenos das ANPAS da provincia de Lugo asociadas a FAPACEL.
ENTREGA TRABALLOS:
En formato PDF/JPG a través do correo electrónico da Federación (fapacel@gmail.com).
Identificados co nome da nena ou neno e o curso.
CATEGORIAS:
a) Infantil
b) Primaria I (1º a 3º)
c) Primaria II (4º a 6º)
d) Secundaria
PRAZO DE ENTREGA:
Dende o 25 de novembro ao 15 de decembro.
XURADO:
Membros da Xunta Directiva de FAPACEL
PREMIOS:
Todas e todos as/os participantes recibirán un agasallo.
As gañadoras e gañadores de cada categoría recibirán como premio: material didáctico e diploma
A entrega de premios farase o sábado 19 de decembro no Museo Provincial de Lugo
Coas postais gañadoras a FAPACEL felicitará o nadal ás ANPAS da provincia e aos organismos públicos da mesma.