ESCOLA DE HABILIDADES SOCIAIS. CHANTADA

Hoxe tivo lugar no TELECENTRO de Chantada a cuarta e última charla, por este ano 2015, da “Escola de pais e nais sobre Habilidades Sociais”. Este ciclo de charlas, organizadas pola FAPACEL, encadrámolas dentro do programa COA EDUCACIÓN POR DIANTE fruto do convenio asinado coa Vicepresidencia primeira da Deputación, e que botou a andar o pasado sábado 7 de novembro en Lugo.

 

Nesta ocasión as poñentes foron Zeltia Méndez e Carmen Moreno (psicopedagogas do Centro Psicopedagóxico CREA) autoras, xunto con Lucía Fernández tamén psicopedagoga de CREA, da guía que se repartirá en decembro a todas as familias asociadas que a soliciten.

 

 

 

Nunha primeira e rápida valoración dicir que as charlas foron seguidas con grande interese polas persoas asistentes e creouse, en todas elas, un bo clima que fixo que houbera unha importante participación nas preguntas ao final de cada unha delas.

As nenas e nenos asistentes tiveron, como nas anteriores, un Obradoiro sobre o Conto Popular a cargo de Elena e Mar Centelles.

 

Agradecemos a Carmen, Lucía, Zeltia, Elena e Mar a súa profesionalidade e sobre todo a súa grande empatía tanto coas nais e pais como cos pequenos e pequenas que participaron nestas xornadas. Agardamos poder seguir contando coa vosa colaboración.