FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
12 do 12 ás 12
A Confederación ANPAS GALEGAS, na que a nosa Federación está integrada, convidamos a todas as persoas a participar nunha cadea humana en Malpica (12 de decembro de 2015, ás 12 da mañá) a prol dunha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade.
Dese xeito, esiximos que se elabore unha normativa que estableza cal debe ser a atención necesaria para cada nena ou neno enfermos. A nosa demanda é fixar un estándar de 12,5 horas semanais.
Por iso instamos á consellaría de Educación a convocar comisión onde esteamos presentes todos os posibles actores destas situacións, profesorado, nomeadamente aqueles que xa contan con experiencia nesta atención, familias, administración sanitaria e educativa, ademais de profesionais das ciencias da educación.
Todas e todos somos conscientes que a actual situación da atención educativa hospitalaria e domiciliaria está abandonada e falta de coordinación. Iso implica que o alumnado en situación de longa enfermidade leven como pena accesoria un retraso na súa formación académica e a separación da súa propia xeración de referencia. E non podemos permitilo! Hai que falar, e temos que falar todos os sectores implicados, e a administración ten que escoitar, e tentar aprender algo, que boa falta lle fai.