ENTREGA PREMIOS: IV CONCURSO POSTAIS DE NADAL/XOGOS POPULARES

O pasado sábado 19 de dedembro, no Museo Provincial de Lugo, tivo lugar a entrega de premios do IV Concurso de Postais de Nadal organizado pola FAPACEL. Contamos como mestre de ceremonias con Rubén Pérez e tivemos a actuación do grupo Son de Corés de Becerreá. Na entrega de premios estiveron presentes a Directora do Museo, Aurelia Balseiro, e a Xerenta da Rede Museística da Deputación Encarna Lago, que fixo entrega dun dos premios en representación do Delegado Provincial de Cultura da Deputación Xosé Ferreiro.

 

Xa pola tarde en Becerreá a FAPACEL organizou unha Xornada de Convivencia para a recuperación dos Xogos Tradicionais dentro do II Mercadillo de Nadal da Montaña organizado por varias anpas da zona.