CHARLAS: "A PRESENZA DOS MENORES NA REDE"

A través desta actividade preténdese que nais e pais coñezan o “momento” e momentos oportunos para que os seus fillos e fillas se conecten, o uso que poden facer –e de feito fan– de Internet, para ben e para mal, e ser conscientes de que a presenza dos menores na Rede é inevitable, necesaria e desexable.

Partindo desta premisa, como pais e como nais convén coñecer (e este será o programa da charla):

• As principais ferramentas que usan, principalmente a través do móbil.

• Os principais riscos aos que están expostos.

• As precaucións que se deben tomar, tanto por parte deles como dos pais e nais.

• O moito positivo que a Rede lles achega.

Facilitarase recursos on line onde poder afondar na materia.