ACTIVIDADES DA FAPACEL, SÁBADO 13 DE FEBREIRO

Deixámosvos algunhas imaxes das actividades da FAPACEL deste sábado.

Pola mañán tivemos en Lugo a charla para nais e pais "A presenza dos menores na rede" a cargo de Jorge Castro Ruso e como xa ven sendo habitual mentras as familias asistíamos a charla houbo un "Obradoiro de contos tradicionais" con Elena e Marta Centelles para a rapazada.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xa pola tarde en Foz, tivemos unha "Xornada de Convivencia para a recuperación dos xogos tradicionais" para toda a familia con Etnoga.

 

 

 

 

 

 

Estas actividades forman parte do convenio asinado coa Área de Cultura da Deputación de Lugo

" COA EDUCACIÓN POR DIANTE".

O próximo sábado día 20 teremos:

  • A charla "A presenza dos menores na rede" en Sarria as 11 horas na Casa da Cultura
  • A "Xornada de xogos tradicionais" en Chantada AS 16:30  no pavillón do CEIP XOAN DE REQUEIXO

AGARDÁMOSVOS!!!