ASEMBLEA XERAL ANUAL FAPACEL

A Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da Provincia de Lugo (FAPACEL) celebrará este sábado, 5 de marzo, ás 11h, na Casa Museo Manuel María en Outeiro de Rei, a súa Asemblea xeral anual; na mesma aprobarase, se procede, a Memoria de actividades e o presuposto do ano 2015 e proporase entre as ANPAS asociadas as actividades e o presuposto para este ano 2016.

Non podíamos ter mellor lugar que a Casa Museo de Manuel María para levar a cabo a nosa Asemblea por ser a este poeta a quen se lle adica o día das Letras Galegas este ano.

Ao finalizar a Asemblea as persoas asistentes realizaremos unha visita a Casa Museo e xa pola tarde visitaremos o Obradoiro de Instrumentos Musicais de Xaneco, no que pretende ser unha Xornada da FAPACEL polas Terras de Outeiro de Rei.

Este mesmo sábado, 5 de marzo, organizadas tamen pola FAPACEL,

  • Jorge Castro Ruso falará sobre "A presenza dos menores na rede" ás 11h no Telecentro de Chantada (charla que tivemos que suspender a semana pasada por mor das inclemencias metereolóxicas).
  • A mesma hora no Centro Cultural de Mosteiro de Pol, Zeltia Mendez e Lucía Fernández (psicopedagogas do Centro Psicopedagóxico Crea de Lugo) falarán de como mellorar as habilidades sociais das nenas e nenos.