SÁBADO 16 DE ABRIL EN FOZ: HARLA-COLOQUIO: "TEÑO NUHA AMIGA QUE..."

O sábado 16 de abril en Foz, realizamos a charla-coloquio: "Teño unha amiga que..." Na que partiparon: Mª José Vidal Armada, funcionaria de Policia e integrante da UPAP (Unidade de Prevención, Apoio e Protección das vítimas de violencia de xénero), Pablo Rodríguez González, Delegado de Participación Cidadá da Comisaría de Viveiro e Marta Rodríguez Engroba da asociación contra a violencia de xénero SI, HAI SAIDA; aos que queremos mostrar o noso agradecemento pola súa colaboración e esforzo.

Tamén queremos lembrar ás familias a necesidade de non só participar nestas charlas, senon educar @s nos@s fillos e fillas como persoas iguais. Porque non hai tarefas, actividades, xogos... exclusivamente masculinos nin femininos, porque un home, por nacer home, non é superior a ningunha muller. É na familia onde temos que por os alicerces para erradicar a violencia de xénero.

E a rapazada disfrutou dos contacontos de Elena Centelles e Mar Centelles