FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
A EDUCACIÓN QUE QUEREMOS
O pasado 1 de xuño as representantes de FAPACEL asistimos a
unha reunión na sede do Partido Popular cos responsables deste partido na mesa sectorial de Educación para, segundo eles, escoitar as demandas e inquietudes das familias sobre este tema e transmitirllas ao conselleiro de Educación.
Foron dúas horas e media de reunión e cremos que fomos quen de defender os argumentos reflectidos no documento elaborado a partir das vosas achegas, das nosas anpas asociadas de toda a provincia, así como de orientadores, profesorado...e que estaban baseados en documentos de especialistas en cada ámbito e que se achegaron tamén á reunión como anexos.
Non poderán dicir que descoñecen as nosas reivindicacións nin as propostas que se lles poñen enriba da mesa para intentar solucionar o que, segundo eles lles precupa, como é reducir o fracaso escolar e mellorar o noso modelo educativo.
Estariamos dispostos a reunirnos co resto de grupos políticos, a así llelo faremos chegar, para que tamén eles teñan esta información.