Asemblea Xeral Ordinaria FAPACEL 2017

Este sábado 11 de marzo a Federación de Anpas de centros públicos da provincia de Lugo (Fapacel) celebrou a súa asemblea anual. Esta vez o lugar escollido foi Burela, co fin de reunir as numerosas Anpas asociadas da Mariña. Na asemblea tratáronse temas que preocupan ás familias como os recortes de profesorado nos centros educativos, a pouca transparencia e inflexibilidade  dos contratos coas empresas do transporte escolar, que son ás veces as que determinan os horarios dos centros, ou que hai Anpas que contratan a maiores un ou dous autobuses para paliar as carencias no servizo da consellería; a situación laboral irregular das nais que colaboran na vixilancia do alumnado nos comedores que xestiona a Xunta directamente...

Entre os asistentes, chegouse ao compromiso de traballar de forma conxunta e coordinada entra as Anpas da Mariña e houbo novas incorporacións á xunta directiva, que quedou conformada da seguinte maneira:

Presidenta Belen Díaz Parga do Ceip as Mercedes de Lugo

Vicepresidente, Berta Villamor do IES Ollos Grandes de Lugo

Secretario, Froilán Pallín, do IES Sanxillao de Lugo

Tesoureira, Adela Soler de Becerrea

Vogais: Montserrat Cabaneiro de Pastoriza, Pilar Veiga do Courel, Lara Méndez de Currelos- O Saviñao, Isabel Calvete de Cervantes, Antonio Pillado de Cervo, Beatriz Irigoyen de Ribadeo, Geovana Trelles de Burela, e de Lugo: Olalla Radio do Ceip Paradai, Carlos García do Luis Pimentel e Luis Blanco do IES Sanxillao

Os asistentes participaron nunha charla obradoiro impartida por Zeltia Mendez e Lucia Fernández do Centro Psicopedagóxico CREA titulada Comunicándome con asertividade.

 

Para a clausura contamos co alcalde de Burela, Alfredo Llano, que fixo fincapé na importancia dun ensino publico e do papel e implicación das familias no eido educativo para acadar unha mellor convivencia e unha mellor sociedade.

 

Pola tarde o Concelleiro de Turismo Ramiro Fernández Rey Obsequiounos con una visita o Barco-MuseoBonitero "Reina del Carmen"

.

A FAPACEL agradece al Alcade Sr. D.ALFREDO LLANO GARCÍAe os concelleiros: de Turismo Turismo Ramiro Fernández Rey  e o de Cultura JOSÉ DÍAZ GARCÍA do concello de Burela a súa colaboración nesta xornada