27 de abril "Coa educación por diante" ULTRALIMENTOS con Lucas Requejo na Escola Infantil de Burela

 

Accións de cambio en favor da nosa saúde

O cambio climático e a falta de saúde nas persoas estános levando a un contexto novo e descoñecido, onde a alimentación volverá a ser unha das accións primordiais e claves para o ser humano. Entón, cómo estamos a preparar aos nos@s fill@s?, qué precisan aprender? Qué deben cambiar? Qué teñen que poñer en común as familias? Cómo se lles pode axudar dende un colexio, instituto? Estas preguntas non son formuladas sabendo as respostas correctas, son compartidas como chamada aa reflexión conxunta de alumnado, profesorado e nais e pais. Colaboración e cooperación serán unha das tarefas por onde comezar para acadar unha mellor alimentación que coide da saúde, nosa e da natureza. Pois ben, ULTRALIMENTO só pretende ser un gran máis nesa morea de cambios por acometer no eido da alimentación, e facémolo dende a educación.