10 de xuño - FOLIADA POLO ENSINO PÚBLICO -

FOLIADA POLO ENSINO PUBLICO O 10 Xuño as Anpas de seis colexios públicos de Lugo capital ( As Mercedes, Illa Verde, Luís Pimentel, Paradai, Quiroga Ballesteros e Rosalia de Castro) decidimos organizar unha Foliada de confraternidade, coa finalidade de coñecernos e por en valor o ensino en centros públicos e unha educación de calidade e gratuíta. Para elo configuramos unha programación chea de actos para compartir e gozar en familia un domingo en Penas de Rodas. Cada famila levará o seu xantar e participarán nas actividades das que gosten. ANIMÁDEVOS o imos pasar xenial ...