7º Concurso POSTAIS DE NADAL

Este ano celebramos hoxe 15 decembro o 7º Concurso de Postais de Nadal. Queremos agradecer a todas a ANPA que achegaron os seus traballos. Foi dificil escoller, os nenos e nenas fixeron un traballo excelente e foron moitos os que o achegaron. Tivemos o acompañamento musical de" Combo de formación de Adultos" e a actuación do Mago Antonciño no Museo Provincial de Lugo
O repertorio musical constou de tres pezas,
Unha primeira titulada: “Donde estarán nuestros mozos” que é un fragmento do primeiro acto da Zarzuela “La del Soto de Parral” de Reveriano Soutullo e Juan Vert.
Unha segunda peza “Todas las Mañanitas”, habanera pertencente a zarzuela “Don Gil de Alcalá” de Manuel Penella

Unha terceira peza “La Paloma”, bolero de Sebastian Iradier
Os gañadores levaron unha bolsa cos premios e a rapazada presente tiveron agasallos.

 Estiveron con nos tamén a Deputada Provincial Pilar Gracía Porto e a Xerente de Redes Museística Encarna Lago