CAMPAÑA DE VISIBILIZACION DOS PROTOCOLOS DA CONSELLERIA

Comezamos coa campaña de visibilización dos protocolos da consellaría de Educación e de sensibilización sobre o acoso escolar.

– Que son os Protocolos?

Protocolo é un documento ou regulamento que establece como se debe actuar en determinados procedementos.

Un Protocolo serve para guiarnos e axudarnos nos pasos a seguir cando un alumno/a presenta algunha dificultade no ámbito escolar; debe responder á pregunta: que facer no caso de ….?

Un Protocolo recolle comportamentos, accións e pautas que se consideran apropiadas en determinadas situacións.

Os Protocolos son un recurso dispoñible para todos os centros e familias para funcionar como guía de apoio ao alumnado.

Os Protocolos SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO.

– A quen van dirixidos?

A todas as partes implicadas que traballan xuntos para o benestar do alumno/a: “casa”, centro educativo e profesionais (psicólogos/as, terapeutas, logopedas, ….)

– Cal é o obxectivo dos Protocolos

Os Protocolos son recursos que apoian e guían aos centros educativos, profesionais e familiares para que as persoas (alumnas/os) poidan desenvolver plenamente o seu potencial.

Moitos máis datos en:
https://www.anpasgalegas.gal/protocolos/