FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
COMUNICADO CONXUNTO DA COMUNIDADE EDUCATIVA GALEGA
Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN,
UNIVERSIDADE E FORMACIÓN
PROFESIONAL:
Os abaixo asinantes, na nosa calidade de representantes dos distintos
sectores da comunidade educativa, solicitamos desta Consellería sexa
tomado en consideración o noso posicionamento sobre a actual situación
derivada da pandemia do COVID-19 que estamos a padecer, que pasan a
expor, co unánime pedimento de que a decisión da administración
educativa de cara ao desenvolvemento e finalización do presente curso
escolar sexa tomada desde estas propostas consensuadas por todos nós,
docentes e familias, nun exercicio de responsabilidade democrática
inescusable.
Consideramos:
1. O curso escolar non tivo de feito nin pode ter continuidade real
desde o día 13 de marzo, en que rematou a impartición presencial do
mesmo:
a. non hai unha capacidade real de impartición telemática de
contidos que chegue a todo o alumnado, tanto por falla real de
acceso á rede como por carencia nas familias de medios
tecnolóxicos.
b. alumnado, familias e docentes carecen de directrices, de apoio
e ainda, con carácter xeral, de previa formación nin práctica
para o traballo en liña.
c. non hai posibilidades reais de seguimiento polo profesorado
do traballo efectivamente realizado nas casas.
d. a educación presencial non pode ser suplida pola impartición
de contidos telemáticos, malia a voluntariedade e esforzo do
profesorado, coa conseguinte merma da calidade educativa.
e. o estado físico e psicolóxico das familias, do alumnado e do
propio persoal docente, afonda aínda mais na inviabilidade do
sistema.
f. existe un abandono xeneralizado de practicamente todo o
alumnado con necesidades específicas de apoio educativo,
pola imposibilidade de se achegar a el nestas condicións, e
pola dificultade intrínseca da converter para ese alumnado a
relación presencial en relación a distancia. Non asumir como
imprescindíbel a participación dese colectivo significaría un
enorme retroceso na atención á diversidade.
2. A avaliación xeral do curso ten que partir da situación de
excepcionalidade que estamos a vivir e vir acompañada de cantos
medios eviten o desfavorecemento das posibilidades de promoción
do alumnado.
3. Cómpre unha reformulación xeral dos distintos currículos para o
vindeiro curso, que cubra a fenda educativa xerada por esta situación
excepcional, unida ao establecemento de ferramentas educativas
que posibiliten a todo o alumnado o desenvolvemento en condicións
de igualdade dese novo curso.
Por canto queda exposto,
SOLICITAMOS:
1. DAR POR FINALIZADO EN TERMOS DE AVALIACIÓN O CURSO
ESCOLAR 2019-2020 CON DATA 13 DE MARZO, AÍNDA MANTENDO O
CALENDARIO ESCOLAR.
2. ESTABLECEMENTO DE CRITERIOS DE AVALIACIÓN EXCEPCIONAIS
QUE POSIBILITEN A PROMOCIÓN DO ALUMNADO.
3. REORGANIZAR OS CURRÍCULOS DE CARA AO/S VINDEIRO/S
CURSO/S.
4. TRABALLAR CONXUNTA E CONSENSUADAMENTE NA PROCURA DE
MECANISMOS COMPENSATORIOS QUE EVITEN NO CURSO
2020-2021 UN ESFORZO INASUMIBLE PARA UNHA PARTE DO
ALUMNADO.
5. PARTICIPAR DE TODOS OS PROCESOS DE TOMA DE DECISIÓNS
NOS ÓRGANOS CORRESPONDENTES E QUE AS MESMAS CONTEN
CO APOIO E APROBACIÓN DAS NOSAS ORGANIZACIÓNS.
CONFAPA
ANPAS GALEGAS
CIG-ENSINO
CCOO
UXT
CSIF
ANPE