"RETRINCOS DE CORES" TRABALLAR AS EMOCIONS

Neste enlace tendes unha recomendació da nosa Psicóloga Laura Pardeiro Álvarez, Psicóloga Educativa, colegiada número O-03207 

“Retrincos de cores” é un caderno que edita o GIPCE dentro do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Como se menciona na presentación do material, o obxetivo do mesmo é guiar ás nenas e nenos para que descubran as emocións que senten neste tempo de cuarentena. Primeiramente preséntanse traballos doutras nenas e nenos e ó final do documento propoñen un caderno emocional que poden facer cada día. A imaxinación é a dona do material que empreguen para relatar as súas vivencias.

 

 

/sites/fapacel.com/files/users/adm/retrincos_de_cores_0%20%281%29.pdf