RECUPERACION MATERIAL E LIBROS

Prezada Conselleira

 

Solicitamos unha vez máis que teña en conta as circunstancias excepcionais que están a padecer as familias e as dificultades que están tendo á hora de poder seguir a formación dende as casas.

Estas dificultades van dende a imposibilidade de conectarse vía internet, mercar material escolar, de facer fotocopias e ata a de recoller os libros que quedaron nos colexios.(Este último punto, dificultade para recuperar os libros, está a supoñer un gran problema ás familias).

Segundo os “ Acordos para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 e inicio do curso 2020/21” da Conferencia Sectorial de Educación do día 15 de abril e segundo as “Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do 2019/20” da Consellería de Educación, no seu primeiro punto falan do “principio fundamental”:

Todos os responsables das tarefas educativas, sexan docentes, equipos directivos ou membros das administracións, extremarán o seu coidado para apoiar aos estudantes a ás súas familias, aos docentes e a todos os membros da comunidade educativa, así como para facer posible o desenvolvemento das súas tarefas respectivas en condicións que promovan o seu benestar. En consecuencia ,todas as decisións da Administración educativa estarán suxeitas ás recomendacións sanitarias e velarán pola adopción das medidas recomendadas polos responsables de dita área

Dito isto e ante a crecente demanda por parte das familias dunha solución, solicitamos:

Que dende a Administración se aporten solucións para que os alumnos poidan continuar facendo as tarefas dende a casa, adaptadas aos medios dos que dispoñan e sempre preservando a saúde de toda a comunidade educativa.

 

Atentamente,