FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
CONTESTACION DA XEFATURA TERRITORIAL DE TRANSPORTE E MOBILIDADE
Presidenta de Fapacel
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. de A Coruña, 500
27003 Lugo
En relación co seu escrito enviado por correo electrónico a esta xefatura territorial, con data 6 de maio, no que se formulan unha serie de preguntas que inquedan ás familias dos alumnos usuarios do transporte escolar, informámoslle o seguinte:
1.- Todas as liñas de autobús dependentes da Xunta de Galicia cumprirán escrupulosamente as normas que se establezan para o transporte público en relación co COVID-19 en relación o aforo, axustándose as necesidades de cada momento, como se está a facer actualmente no transporte regular, onde é obrigatorio a separación entre viaxeiros.
2.- A Xunta xa ten articulado medidas para a reactivación segura do transporte público coma as medidas hixiénico-sanitarias necesarias para garantir un transporte seguro, con especificacións de seguridade relativas aos usuarios, vehículos, persoal das empresa ou instalacións de transporte e velará polo cumprimento exhaustivo dos protocolos de limpeza e desinfección.
3.- Seguindo a liña do punto 1, os autobuses dependentes da Xunta de Galicia cumprirán as normas que se establezan para o transporte público en relación co COVID-19 en
relación coa hixiene e protección individual, axustándose as necesidades de cada momento, como se está a facer actualmente no transporte regular, onde é obrigatorio o uso de máscaras.
4.- Ata o momento non existe ningunha instrución de ningunha administración pública que limite a convivencia entre nenos e maiores en ningún medio de transporte público: nin avión, nin tren, nin metro, nin autobús, nin barco.
Nesta modalidade de transporte compartido, os rapaces comparten espazo con persoas do seu contorno, fundamentalmente, cos familiares cos que conviven, ao contrario do que ocorre no transporte público xeral.
A Xunta de Galicia está a cumprir escrupulosamente nas súas concesións de transporte as medidas de restricións establecidas con motivo do estado de alarma polo COVID-19.
Pero o autobús compartido é unha das bases do transporte público que funcionará en Galicia durante os vindeiros dez anos e o Goberno galego non se cuestiona o seu funcionamento máis alá da situación actual.
Cando se reinicie a actividade lectiva ordinaria, se non ditan medidas específicas en sentido contrario, a Xunta aplicará as normas de prevención establecidas e manterá o mesmo criterio seguido ata agora, de priorización absoluta dos escolares e das súas necesidades.
Lugo, 7 de maio de 2020
O xefe territorial
Javier Arias Fouz
(asinado dixitalmente)CVE: