ESCRITO A XEFATURA TERRITORIAL DE EDUCACION DE LUGO

Dende a Federación FAPACEL queremos manifestar a nosa preocupación polo
desenvolvemento deste último trimestre do curso e das fases da desescalada.
Levamos seis semanas de confinamento e aínda hoxe nos chegan queixas das
familias pola falta de organización no que queda do curso e a incerteza ante o comezo
do vindeiro curso.
Se ben as instrucións saíron publicadas o día 28 de abril de 2020, seguimos a
ter os mesmos problemas que ao inicio do estado de alarma, aos que hai que engadir a
incerteza das familias do alumnado que se vaian incorporar aos centros na segunda
fase da desescalada.
Segue a haber unha falta de organización nas tarefas dos/as alumnos/as; non se
está a ter en conta a dificultade que supón conseguir material escolar,nin tan sequera
fotocopias nestas circunstancias de illamento .
Tamén vemos como isto está a supor un esforzo económico que non todas as
familias poden asumir nestes momentos.
Seguimos a ter unha dependencia física dos libros de texto que quedaron nos pupitres
e que, a estas alturas e coas ferramentas que proporciona a consellería aos
docentes,xa debía estar solventada.
A fenda dixital segue aí,a falta de material tecnolóxico para os/as alumnos/as
únese a falta de formación nesa competencia de toda a comunidade educativa,
incluíndo ás nais e pais que estamos a facer de profesores/as ás veces con pouco
éxito.
Engadimos a todo isto a falta de información sobre como se van desenvolver as
fases da desescalada en materia educativa.
Permítese na “fase 2” a reapertura dos colexios na última semana de maio para
actividades de reforzo, para preparar as ABAU e para conciliar..pero ..en que
condicións?
Solicitamos que nos aclaren as seguintes cuestións:
 Como se vai manter a desinfección dos centros nas condicións adecuadas? Con
que persoal?
 Vanse colocar xa os dispensadores de desinfectantes para as mans?
 Hai máscaras para os/as nenos/as, profesores/as e traballadores/as dos
centros?
 Vanse desdobrar as clases para manter a distancia de seguridade? E haberá os
profesores/as necesarios/as para eses desdobres?
 Nos transportes escolares,como teñen previsto manter as distancias?
 Hai protocolos de limpeza deses transportes?
 Van cambiar os horarios dos centros para poder organizar todo isto?
 Cara ao comezo do próximo curso, vaise preparar un plan de dixitalización do
sistema educativo que garanta que todos/as alumnos/as estean en condicións
de acceder a el e non haxa posibilidade de deixar a ninguén atrás?
 Vai haber o profesorado de apoio necesario para os/as alumnos/as de
necesidades específicas e para a atención á diversidade?
Queda menos dun mes. Realmente é aconsellable voltar ás aulas con todas estas
incógnitas no aire?
Isabel Calvete Carrera
Presidenta de Fapacel