FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
NESTE TRIMESTRE NON SE AVANZA MATERIA: TEMOS QUE PARTICIPAR DA ORGANIZACION
Prezadas familias, dende a Confederación ANPAS GALEGAS, diante da situación de confusión e incerteza
educa????va que estamos a sufrir, querémosvos lembrar a necesidade dunha educación para a igualdade agora
máis que nunca.
Seguimos vendo como, logo de case dous meses de confinamento, a forma de con????nuar coa formación apenas
mudou, o sistema dixital non está a altura, non hai garan????a de que todo o alumnado estea conectado en
igualdade de condicións, e a preparación tanto do alumnado como do profesorado para u????lizar as ferramentas
para o traballo “on line “segue a ser insuficiente.
Pero o que máis preocupa agora mesmo é a libre interpretación que se está a facer das instrucións da
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 27 de abril do 2020 sobre o
desenvolvemento do terceiro trimestre deste curso académico.
Isto está a provocar no alumnado certa confusión e ansiedade , máis cando este terceiro trimestre debería
estar centrado no reforzo das aprendizaxes anteriores, e na especial atención ao alumnado que máis o precisa.
As instrucións son moi claras no ????po de ac????vidades que teñen que abordarse neste trimestre e como ten que
ser a terceira avaliación, tal e como se indica nas súas directrices xerais
6.2. “Durante o terceiro trimestre desenvolveranse ac????vidades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu
caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado.
Na medida do posible deseñaranse ac????vidades globalizadoras e interdisciplinares, debidamente ????torizadas,
promovendo o traballo colabora????vo entre os equipos docentes das dis????ntas áreas e materias nas etapas,
ciclos ou ensinanzas en que sexa posible”.
6.9. “Avaliación e cualificación do alumnado: a avaliación e cualificación adaptarase, tendo en consideración
que se realizará sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso, así
como sobre as ac????vidades de reforzo, recuperación ou ampliación de aprendizaxes realizadas dende a
declaración do estado de alarma polo Real Decreto 463/2020, sempre e cando beneficie ao alumnado. Para
a concreción dos criterios de avaliación e cualificación teranse en conta as aprendizaxes e competencias
imprescindibles anteriormente iden????ficados”.
6.13. Tamén se establece nesas instrucións que as programacións didác????cas deberán adaptarse para a
finalización deste curso 2019-2020, que o documento no que figure esa adaptación remi????rase ás direccións
antes do 12 de maio, e que a dirección responsabilizarase de que esa documentación estará publicada na
páxina web do centro nun lugar accesible, a disposición de toda a comunidade educa????va.
10.2 A programación do curso 2020-2021 deberá adaptarse ás circunstancias vividas no curso 2019-2020, e deberán
“adoptarse as medidas necesarias de atención á diversidade, individuais ou grupais, orientadas a responder ás necesidades
educa????vas concretas dos alumnos e das alumnas e á consecución dos resultados de aprendizaxe vinculados
ás aprendizaxes imprescindibles, que a situación excepcional do curso 2019-2020 lles dificultase adquirir
A interpretación destas instrucións está moi clara:
- Non debe avanzarse materia no terceiro trimestre, porque é un trimestre de recuperación e reforzo.
- En ningún caso se pode avaliar sobre materia avanzada, a avaliación final debe ser a que corresponda ás
dúas primeiras avaliacións, se acaso mellorada, nunca empeorada, co traballo de repaso feito no terceiro
trimestre . Ou sexa a alumna-o que teña aprobadas as dúas primeiras avaliacións xa ten necesariamente
aprobado o curso.
- A información sobre o que se vai facer e sobre como se vai avaliar será pública.
- A programación do curso 2020-2021 deberá adaptarse ao que non se puido facer este curso.
Isto é o que está a facer a prác????ca totalidade do profesorado galego, adaptando, reforzando e colaborando co
seu alumnado, realizando un esforzo que debemos apreciar, para facer o seu traballo nunhas condicións
di????ciles e en absoluto apoiadas pola administración educa????va.
Pero tamén existe algún caso diferente, e aí é onde as anpas debemos estar presentes, revisando as
programacións, asegurándonos de que ninguén avanza materia dun xeito obrigatorio, de que non se pretende
avaliar ningún traballo feito sobre materia avanzada, ou simplemente de que o traballo deste trimestre non
poida ser avaliado de xeito nega????vo. Debemos asegurarnos de que todas remamos na mesma dirección, na de
non deixar a ninguén atrás, na de tender a man ás persoas que non puideron seguir o ritmo, pola razón que
fose, todas son válidas.
As Federación e as Confederacións denunciamos, cri????camos, solicitamos, pero sodes as anpas quen tendes
que estar ao voso caso concreto, quen podedes entrar nos vosos centros e falar; facédeo polo ben de todas, e
aplaudide tamén cando, como así é en moitos casos, se estea facendo ben.
Un saúdo agarimoso
Fernando Lacaci Batres
Presidente da Confederación ANPAS GALEGAS
Confederación ANPAS GALEGAS somos as Federacións de ANPA de: Cangas do Morrazo, Comarcas Condado-Paradanta e Louriña, Federación Galega
“Compostela”, Provincial da Coruña “Costa da Morte”, FerrolTerra, Provincial de Lugo, Val Miñor e Vigo