CARTA A VALEDORA DO POBO

Prezada Valedora do Pobo
A Confederación ANPAS GALEGAS é unha organización sen ánimo de lucro que se crea no ano 2013
agluınando a diversas Federacións de ANPAS preexistentes coa intención de defender de xeito unitario e
cunha soa voz a nosa proposta sobre o Ensino Público Galego.
O Ensino que nós queremos e defendemos ten que ser público, gratuíto, democráıco, inclusivo, laico e galego;
pero sobre todo, por riba de todas as consideracións, ten que atender dun xeito equitaıvo a todo o alumnado
galego, mirando a toda a diversidade que nel existe, e coidando de todas as situacións que poidan traer risco
de desigualdade. Procurando, en resumo, nivelar á nosa infancia e xuventude no máximo das súas capacidades
e aspiracións, para que a Escola funcione como un elemento compensador, como é de seu, das diferenzas que
traemos de noso cadansúa persoa, e tamén das que dependen das imposicións económicas, afecıvas e
culturais do modelo social no que vivimos.
Dende o 11 de marzo pasado, cando a OMS declarou pandemia internacional a situación provocada polo
COVID-19, e sobre todo trala declaración do estado de alarma no Estado Español do pasado 14 de marzo, á
natureza individual e aos costumes sociais ıvemos que lle sumar outra circunstancia nunca antes vivida, e polo
tanto dificilmente previsíbel, cal foi o confinamento de toda a poboación, a prohibición de toda acıvidade
grupal, e consecuentemente a suspensión de toda a acıvidade lecıva en todos os centros de ensino non
universitario.
A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, modificada pola Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro,
para a mellora da calidade educaıva establece no seu arıgo 1, que o sistema educaıvo español, configurado
de acordo cos valores da consıtución e asentado no respecto aos dereitos e liberdades recoñecidos nela,
inspírase nos seguintes principios:
a) A calidade da educación para todo o alumnado, independentemente das súas condicións e
circunstancias.
b) A equidade, que garanta a igualdade de oportunidades para o desenvolvementos cheo da
personalidade a través da educación, a inclusión educaıva, a igualdade de dereitos e oportunidades
que axuden a superar calquera discriminación e a accesibilidade universal á educación, e que actúa
como elemento compensador das desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais, con especial
atención ás que se deriven de calquera ıpo de discapacidade
Resulta evidente que a situación provocada polo confinamento derivado do estado de alarma provocou unha
modificación de todos os estándares de actuación educaıva. De súpeto, o alumnado ficou nas súas casas
obrigatoriamente. En Galicia xa se tomara esa decisión segundo as medidas acordadas o día 12 de marzo que
suspendían todas as acıvidades lecıvas reguladas en todos os centros de ensino non universitario a parır do
16 de marzo, aínda que xa se indicaba a voluntariedade de acudir aos centros o día 13 dese mes, o que de feito
se traduciu nunha non asistencia xeneralizada.
Nese momento ordenouse ao profesorado que “programara nas páxinas web dos centros ou por outros
medios telemáıcos, accesibles ao seu alumnado, acıvidades xenéricas relacionadas cos conıdos curriculares
para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter
de avaliables”
O día 13 de marzo establecíanse xa instrucións respecto da atención do alumnado:
3.1 O centro disporá das medidas precisas para facilitar a conınuidade do proceso de aprendizaxe do
alumnado fóra do ámbito escolar.
3.2 Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xesıón, establecerá un sistema de comunicación e
información co alumnado e as familias a través das ferramentas ou plataformas coas que traballa
habitualmente, así como calquera outro medio de comunicación que o centro esıme adecuado para esta
situación.
3.3 Os equipos docentes e o restante profesorado elaborarán propostas de acıvidades para que o alumnado
conınúe co seu proceso educaıvo nos seus domicilios.
3.4 Prestarase unha especial atención á ıtorización do alumnado de 2º de bacharelato.
Ata este momento, a situación pódese resumir como de simplificación do tratamento educaıvo, todas as
comunicacións teñen unhas compoñentes comúns:
- Aplicaranse polos centros educaıvos, segundo o seu criterio, medios e posibilidades.
- Non se establece diferenciación en canto ao tratamento do alumnado.
- Existe unha clara intención de conınuidade do proceso educaıvo nos domicilios do alumnado.
O 13 de abril de 2020 emítese un comunicado, dirixido ás direccións dos centros, sobre as medidas a adoptar
en relación co inicio do terceiro trimestre:
1.- A acıvidade lecıva non presencial conınuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e
recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os
centros educaıvos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades
de acceso á educación no actual contexto.
E o 17 de abril, máis dun mes máis tarde das primeiras instrucións, a Consellaría de educación, nas
orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro trimestre, establece por fin que:
Os centros educaıvos organizarán os seus recursos de apoio para favorecer na medida do posible a axeitada
atención ao alumnado con necesidades educaıvas especiais, favorecendo o seu acceso ao currículo por medio
da adaptación dos instrumentos, tempos e apoios que aseguren una adecuada atención e avaliación deste
alumnado. Porase, asemade, especial coidado na atención ao alumnado con necesidade específica de apoio
educaıvo.
Nas instrucións definiıvas do 27 de abril de 2020, a Consellaría de educación reitera o texto que incluíra nas
orientacións provisionais de dez días antes, engadindo unha directriz específica:
Os centros educaıvos organizarán os seus recursos de apoio para favorecer na medida do posible a axeitada
atención ao alumnado con necesidades educaıvas especiais, favorecendo o seu acceso ao currículo por medio
da adaptación dos instrumentos, tempos e apoios que aseguren una adecuada atención e avaliación deste
alumnado. Porase, asemade, especial coidado na atención ao alumnado con necesidade específica de apoio
educaıvo.
O que ata agora queremos subliñar é o abandono por parte da Consellaría de educación no tratamento das
necesidades específicas de apoio educaıvo, na falta de especificación inequívoca da súa obrigatoria
consideración, que impedira o tratamento uniforme e despersonalizado de todo o alumnado, na inexistencia
de directrices específicas, de métodos singulares de comunicación, e de ferramentas de traballo para cada
unha das moi diferentes ıpoloxías existentes e coñecidas. En resumo, o abandono da diversidade para
retroceder ata o momento no que se concibía ao alumnado como un todo monolíıco ao que habería que
tratar dun xeito homoxéneo, non individualizado, carente de valoración personalizada.
Pero non só estamos falando das necesidades específicas xa previstas, coñecidas e diagnosıcadas; nin tan só
daquelas que aparecen como consecuencia da propia circunstancia que vivimos. Sería inxusto non considerar
neste momento como merecentes dun tratamento diferenciado a todas aquelas situacións de inestabilidade
laboral, económica, emocional, sanitaria, etc, que xurdiron polo propio confinamento.
A hospitalización de familiares, a perda de empregos, a limitación de ingresos, a falta de contacto con parentes
e amizades -de grandísima importancia na época estudanıl- , a insuficiente dotación tecnolóxica nos fogares, a
inexistencia de conexión en grandes áreas de Galicia, nomeadamente no rural galego, a incapacidade de
moitas familias, por todas as circunstancias indicadas, máis tamén por descoñecemento, de ser quen de
acompañar académica ou tecnicamente ás súas fillas e fillos. Ao que haberá que engadir un comportamento
heteroxéneo do profesorado, que oscilou dende a atención mínima ata a híper atención descontrolada
pasando por todos os estadios intermedios que representen a cada docente.
Ao final foron as persoas individuais, e non o colecıvo organizado, quen sacaron adiante, sen axuda, sen
colaboración, sen instrucións e sen medios, un curso escolar que máis ca nunca tería precisado dunha forte
guía de traballo e do máximo apoio insıtucional.
Vaia por diante, tamén nesta demanda, o noso recoñecemento ao traballo de moiısimos docentes. Que os
resultados non estean sendo nin moito menos os desexábeis non lles é imputábel en grao ningún. É moi diıcil
que unha persoa individual, sen formación previa, sen estrutura organizada, e sen contar cun abeiro sólido por
parte de quen tería a competencia de o facer, puidera desenvolver con éxito un traballo como o que se lle
esixiu. Agradecemos o seu esforzo e o seu traballo. Lamentamos que en moitas ocasións ese traballo se
desperdiciara por causas que non lles son propias.
As ANPA de centros públicos temos unha especial sensibilidade coa atención á diversidade. Nós si cremos no
arıgo un da nosa lei educaıva fundamental. Sabemos que a escola ten que ser equitaıva e niveladora, que é
o único lugar onde podemos corrixir nalgunha medida o que a natureza ou a localización social poida ter
desnivelado; non só a través da educación en si propia, senón mesmo coa conciencia de pertencermos ao
mesmo mundo, e termos nel os mesmos dereitos e a diferenciación de tratamento que nos poida igualar ao
resto do noso colecıvo. Todas sabemos o diıcil que é vivir, aprender e desenvolverse coa dificultade engadida
dunha necesidade específica; todas coñecemos o sobre esforzo que implica; e por iso esiximos unha sobre
atención que atenúe parcialmente ese sobre esforzo. Exactamente iso foi o que fallou aquí e agora.
Pero precisamente porque sabiamos que xa non andabamos moi sobrados de atención, dende o primeiro
momento, dende o mesmo día 12 de marzo, esıvemos atendendo ao que se facía coas nosas nenas e nenos
con necesidades especiais por parte das autoridades educaıvas. Formalmente xa vimos que nin sequera se
fixo mención a elas ata o 17 de abril. Na prácıca só podemos ırar datos das diferentes enquisas que fixemos e
fixeron outras organizacións e plataformas:
- Na Confederación ANPAS GALEGAS fixemos unha enquisa urxente, entre o 28 de marzo e o 11 de abril,
con máis de 1.800 respostas entre as familias galegas, das que un 20 % corresponden a alumnado
NEAE, neste caso indícannos que máis do 60 % deles estaban recibindo o mesmo ıpo de tarefas que as
súas compañeiras-os, e que 57 % non recibiron ningún ıpo de acompañamento específico por parte
do profesorado.
- A CIG- ensino, na súa enquisa sobre teleformación entre o profesorado, na que nos indican datos de
enorme valor: o 85 % afirma que non recibiu ningunha indicación específica para abordar a
diversidade empregando a formación a distancia; case un 35 % das respostas indican unha menor
parıcipación do alumnado NEAE e un 31 % apuntan aos insuficientes recursos e materiais adaptados.
E só un reducido 20 % dos docentes que responderon afirman que a parıcipación no ensino
- Dende a Plataforma “Dereitos, non Parches !!”, fixeron así mesmo unha enquisa, desta volta só entre
familiares de alumnado NEAE galego, con 206 respostas. Neste caso o 47 % dos parıcipantes indican
que non recibiron tarefas adaptadas durante o confinamento, que non reciben material dos
especialistas, ou que non exisıu comunicación individualizada. O 63 % di non ter recibido orientacións
de como apoiar ao alumno-a durante o confinamento no seu traballo escolar. Porcentaxe que se
incrementa até o 74 % cando falamos de acompañamento en ámbitos non afecıvos.
As diferentes enquisas que indicamos, con diferente grao de parıcipación concordan todas no mesmo
resultado: houbo unha ampla porcentaxe do alumnado con necesidades específicas de apoio educaıvo que
non foi atendido do xeito individualizado que precisan dende o 12 de marzo pasado.
Máis aínda, o propio profesorado indícanos maioritariamente que non recibiron indicacións específicas para
abordar a diversidade durante este proceso; e que detectaron unha porcentaxe importante de alumnado con
estas caracterísıcas que permaneceu desconectado.
A razón desta demanda de traballo á Valedora do Pobo, unha insıtución que valoramos e respectamos
parıcularmente, como forte defensora da igualdade das persoas, e con quen xa temos traballado noutras
ocasións, é o desexo desta Confederación de que se estude o que aconteceu, e conınúa a acontecer, durante
a suspensión das clases do curso 2019-2020 en canto ao tratamento que se lle deu á diversidade dentro do
alumnado galego, nomeadamente a todo aquel que ıña recoñecidas necesidades específicas de apoio
educaıvo, pero tamén a todas as circunstancias que agromaron coas novas eivas e problemáıcas que o
estado de alarma trouxo de seu.
Nós detectamos tres circunstancias previas que contribuíron enormemente ao abandono manifesto da
atención específica: a escasa atención previa que se lle prestaba a este alumnado no que ten que ver coa
adaptación de materiais, currículos e fórmulas de aprendizaxe; a escasa formación que toda a comunidade
educaıva -profesorado, alumnado e familias- ıñamos sobre a escola non presencial e a incorporación das
tecnoloxías na vida coıán do alumnado, e o limitado número de especialistas -audición e linguaxe, pedagoxía
terapéuıca, equipos de orientación- como pauta xeral nos centros educaıvos galegos.
Existen tamén evidentes eivas ambientais como a existencia contrastada de amplas zonas de escuridade dixital
no noso País. Económicas, como a inexistencia dunha educación gratuíta que teña garanıdo previamente o
correcto acceso de todo o alumnado a todos os medios educaıvos precisos. Parıcipaıvas, como a debida
colaboración e coordinación permanente entre familias e Escola, que terían resolto, de exisır, unha boa parte
das desconexións estruturais que se produciron nestes meses. E por suposto emocionais, como consecuencia
de concibirmos a escola unicamente como transmisor de coñecementos académicos, no canto de a valorar
dentro dun contexto máis amplo de crecemento persoal e formación do individuo.
Pero A EIVA con maiúsculas desta pandemia, no mundo educaıvo galego, foi o traballo non feito pola
Consellaría de educación, universidade e formación profesional: a falta de directrices claras, de instrucións
concretas, a incríbel falta de mención permanente da obriga de atender a diversidade, pero sobre todo a
evidente falta de medios específicos para traballar nesa atención, provocaron que haxa neste momento unha
parte moi significaıva do alumnado galego que ten perdido este curso académico, e que, o que aínda é peor,
ten perdido o seu vínculo cunha escola que non o atendeu do xeito que ten dereito a esixir.
 
Atender á diversidade non é nin moito menos un capricho da modernidade; non é algo que poidamos facer en
tempos de bonanza e que poidamos esquecer en tempos de necesidade; non é unha obriga da riqueza, nin
algo prescindíbel canto os tempos son diıciles. A atención á diversidade é unha obriga legal, un dereito que
todas temos a sermos consideradas como merecentes da mesma atención que o resto das nosas compañeiras
de vida, traballo e formación; desa mesma atención que precisa dunha corrección constante para garanırnos
non o mesmo camiño senón a mesma meta, que sempre será o máximo das nosas capacidades, ilusións e
opcións.
Neste tempo, neste País, privouse a moita xente deste dereito e temos que o resolver, porque estes tres
meses perdidos non poden ser un lastre para o futuro, cousa que tamén deberiamos entender que comparte a
propia Consellaría de educación quen indica, nas mesmas instrucións do 27 de abril:
Directriz 10.2. A programación do curso 2020-2021 deberá adaptarse a estas circunstancias. Deberán
adoptarse as medidas necesarias de atención á diversidade, individuais ou grupais, orientadas a responder
ás necesidades educaıvas concretas dos alumnos e das alumnas e á consecución dos resultados de
aprendizaxe vinculados ás aprendizaxes imprescindibles, que a situación excepcional do curso 2019-2020 lles
dificultase adquirir.
Mais logo desas boas intencións, que fican nunha excelente redacción, non hai nada palpábel ata é o
momento; e iso é o que nós preguntamos agora, e o que queremos que a Valedora tamén pregunte:
Como se vai garanır esa adaptación?, cales son as medidas concretas que van asegurar esa atención ás
necesidades concretas do alumnado que non puideron verse atendidas neste curso que xa remata? Que se vai
facer por parte da Consellaría?, con números, datos, presupostos, proxectos, instrucións e seguridades para
que o noso alumnado galego non teña que ver estes tres meses do ano 2020 como os que remataron, ou
como mínimo retrasaron, as súas opcións de ver “superada calquera discriminación” e de ter no Ensino
Público ese “elemento compensador das desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais, con
especial atención ás que se deriven de calquera ıpo de discapacidade” tal e como indica a nosa Lei Orgánica
de Educación.
Compostela, na data da sinatura dixital deste escrito.
Fernando Lacaci Batres
Presidente da Confederación ANPAS GALEGAS