ENQUISA PARA COÑECER A ACTUALIDADE DO ENSINO NESTE CONFINAMENTO

xa coñecendo as instruccións do terceiro trimestre, as programacións e como imos a rematar o curso preparamos unha enquisa para ver e coñecer en que situación estamos.

O obxetivo da enquisa será saber si realmente se están cumprindo as instruccións dadas (recuperación, reforzo e non ampliación de materia); si está habendo acompañamento; deron a coñecer as programacións; informaron de como se vai avaliar;  como está a situación do alumnado de necesidades educativas especiais; ...
 

Sabendo que a etapa de infantil é distinta que a de Primaria, secundaria, Bacharelatoa e FP son distintas fixemos dous cuestinarios.  No caso do alumnado de infantil será para cubrir polas nais/pais mentres que no outro cuestionario está pensado para que o poida cubrir o alumnado, coa supervisión dunha persoa adulta, de ser o caso.  As cuestións relacionadas con alumnado de necesidades educativas  son para responder polos pais/nais/titores/titoras legais.
 
Agora pedímosvos unha última cousa neste curso,que cubrades á enquisa que vos enviamos e que serviranos para fundamentar a reclamación para que a Consellería organice o curso que ven de forma eficaz.
 
So tendes que clickar no enlace e cubrir o que vos vai pedindo
 
 
Un saúdo

 


Agradecemos a colaboración de todas e que se lle dea difusión.  Moitas grazas