VENDA DE MATERIAL ESCOLAR POR PARTE DAS ANPAS

Como todas sabedes, á parte de que actividade   de venda de material, non ten nada que ver co obxectivo e funcións das ANPA, iso ten as seguintes consecuencias fiscais:
- A ANPA pasaría a ser suxeito pasivo do IVE (consulta tributaria 0181-05: Estarán suxeitas e non exentas do imposto as actividades realizadas pola Asociación consultante de venda de libros de texto, venda de chandals y batas, ao non lles ser de aplicación as exencións previstas na Lei del Impuesto) , co que iso implica aos efectivos de levar libros, presentar declaracións trimestrais, liquidar IVE, etc.
- A ANPA pasaría a estar obrigada a presentar a liquidación do Imposto sobre sociedades, ao non estar xa incluída nos supostos de exención que marca o artigo 109.da Lei 27/2014, concretamente no apartado a): estarán exentas : "as que procedan da realización de actividades que constitúan o seu obxecto ou finalidade específica, sempre que non teñan a consideración de actividades económicas"
 
Ou sexa, vender calquera cousa, mesmo rifas, convírtenos nunha empresa, e iso ten uns requisitos contábeis e fiscais que ningunha de nós quere. Por outra parte, non é a nosa función nin ten nada que ver con nós, nonsí?.