FAPACEL
Edificio Cei Nodus Concello de Lugo
Avda. da Coruña, 500 - 27003 - Lugo
fapacel@gmail.com
+34 609 983 876
INFORMACIÓN SOBRE REALIZACION ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Estimadas familias:
Dende a federación FAPACEL e ante esta situación de incerteza cara ao comezo do curso e co “Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021”, queremos facer fincapé na nosa labor coma Anpas.
Segundo se recolle no,
-
Real Decreto 1533/1986, do 11 de Xullo no artigo 5:
As asociacións de pais de alumnos asumirán as seguintes finalidades:
a. Asistir aos pais ou titores en todo aquilo que atangue á educación dos seus fillos ou pupilos.
b. Colaborar en las actividades educativas de los centros.
c. Promover a participación dos pais dos alumnos na xestión do centro.
d. Asistir aos pais de alumnos no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión dos centros sostidos con fondos públicos.
e. Facilitar a representación e a participación dos pais de alumnos nos consellos escolares dos centros públicos e concertados e nos outros órganos colexiados.
f. Calquera outras que, no marco da normativa a que se refire o artigo anterior, lle asignen os seus respectivos estatutos.
-
ORDE do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos da organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
2.3. Cando as actividades extraescolares sexan organizadas por entidades e deban realizarse dentro dos locais e instalacións do centro, haberá que respectar a normativa que regula a utilización destes locais e instalacións. Para a realización de ditas actividades es preceptiva a presentación por parte da entidade que as propoña de unha memoria descritiva que incluirá, entre outras cousas, a concreción do financiamento da actividade e o garante da asunción plena da responsabilidade contractual respecto do persoal que a vai desenvolver.
-
Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-21
12.1. A realización de actividades extraescolares fóra da xornada lectiva dentro do recinto do centro educativo, sexan organizadas pola ANPA do centro ou polos concellos, está condicionada á aprobación dun protocolo que se integrará como anexo no “Plan de adaptación a situación COVID-19 no curso 2020/2021”. O dito protocolo determinará as medidas de prevención e protección fronte ao COVID e determinará con claridade as responsabilidades de organizadores e xestores.
Sobre as actividades que podedes ter nos estatutos ou que estades a desenvolver, compre que, ante unha situación tan complicada coma a que estamos a vivir, teñades en conta a responsabilidade que isto con leva e que recae integramente sobre a directiva da asociación e concretamente sobre a Presidencia.
Ademais, hai que ter en conta que o seguro de responsabilidade Civil que teñades contratado dará cobertura sempre que se sigan as medidas que se adopten no Protocolo que cada ANPA realice coas medidas de prevención e protección fronte ao COVID.
Ate o día de hoxe non hai ningún protocolo específico para as actividades extraescolares publicado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, polo tanto pedímosvos que teñades en conta todo isto a hora de organizar as actividades extraescolares para o curso 2020-2021.